jueves, 19 de diciembre de 2013
Exemplo para quitar arugas
Nesta vez, utilizamos unha ferramenta chamada "Saneado". Con esta ferramenta podemos quitar arrugas e imperfeccións da cara.
martes, 17 de diciembre de 2013
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Práctica 18.2 GIMP: Seleccións e capas
Con esta imaxe foi ca que emepecei a utilizar as ferramentas que nos ofrece Gimp para chegar a seguinte foto, anímadevos a facer unha.
Este é o resultado da edición da anterior foto, espero que vós guste.
jueves, 5 de diciembre de 2013
jueves, 28 de noviembre de 2013
Exemplo de recorte con Gimp
Neste caso traeovos unha imaxe edeitada con Gimp. Utilicei a ferramenta de recortar, recortei a barca da praia e pegueina na imaxe do deserto.
martes, 26 de noviembre de 2013
Práctica 18.1 GIMP: A primeira imaxe
De novo aquí estou con vós, esta vez para empezar a practicar co Gimp, aquí vos deixo as miñas primeiras imaxes creadas con este programa.
martes, 19 de noviembre de 2013
Práctica 17: Planetaki
De novo estou aquí para mostrarvos esta vez o meu Planetaki. Espero que vos riados un cacho. Disfrutadeo.
miércoles, 13 de noviembre de 2013
Práctica 16: Diseño de WEBs
Aquí tendes a miña páxina web creada con Jimdo.
A miña páxina web está dedicada a escultura espero que a visitedes.
A miña páxina web está dedicada a escultura espero que a visitedes.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
Práctica 15: Google Sites
Hola de novo, aquí estamos de volta para unha nova práctica, esta vez trátase de google sites. Google sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións, ficheiros... Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida. A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas. Aquí vos deixo un enlace para quen se anime a crear o seu sitio web. Eu tamén fixen un, para quen queira miralo, este é o enlace. Pouco a pouco ireino completando e facendo entradas. Comentade e espero que vós guste, ata outra.
lunes, 4 de noviembre de 2013
miércoles, 30 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
Práctica 13: Picasa 3
Esta ves tróuxenvos unha foto retocada con picasa. Nestas fotos podedes observar algunhas das ferramentas que podes atopar en picasa para editar as túas fotos. Nas fotos que tendes a continuación, utilicei varias ferramentas:
-Recortar
-Enderezar
-Ojos rojos
-Contraste automático
-Color automático
-Retocar
-Luz de lleno
-Recortar
-Enderezar
-Ojos rojos
-Contraste automático
-Color automático
-Retocar
-Luz de lleno
lunes, 28 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
Como insertar música en unha entrada de blogger
O 1º que hai que face é ir a soundcloud e rexistrarse se n on estás rexistrado. O seguinte paso é elexir a canción que desexamos e clicar nela. Logo dámoslle onde pon share e copiamos o código widget. Por último tes pegar ese código no apartado html da túa entrada. Espero que vós axudara.
jueves, 17 de octubre de 2013
miércoles, 16 de octubre de 2013
viernes, 11 de octubre de 2013
Diferencias entre Windows e Linux
Hola moi boas a todos e grazas por visitar por visitar o noso blog. Estamos de volta para falarvos das diferezas que existen entre dous sistemas operativos moi coñecidos: Windows e Linux. Aquí vamos poñer unhas poucas diferenzas e ó final desta entrada encontraredes un enlace a unha páxina qu aparecen moitas máis diferezas e moi ben explicadas, esperamos que vós guste.
A diferenza máis importante por así decilo, é que Linux é gratuíto e libre mentres que Windows funciona con licencia e non é gratuíto. Windows é máis fácil de usar e configurar, pero tamén é inestable, bloquéase frecuentemente e é máis fácil que o Linux de que colla virus. Por outro lado, Linux é máis potente, estable e seguro, pero non é tan fácil de usar e necesítanse coñecementos técnicos para realizar algunhas tareas como instalar periféricos e aplicacións software.
Windows ten mellor calidade que Linux para xogos e aplicacións multimedia. Ambos funcionan en ordenadores con procesadores Intel e AMD, aínda que Linux está mellor preparado para Intel. Linux ten múltiples distribucións, algunhas máis complicadas de manexar ca outras, as máis usadas por usuarios non expertos son: Ubuntu, Kubuntu, Suse, Fedora e algunhas máis.
Se queredes saber máis diferenzas, facede click aquí.
Hardware e Software (sistemas operativos)
Esta vez estamos de volta para falarvos do hardware e do software, traballo que nos propuxo a nosa querida profesora Ana.
O Hardware é o conxunto de todas as partes físicas (materiais) do ordenador: disco duro, placa base, micropocesador, cables, circuítos, escáners, impresoras…Pódese clasificar en dous grupos, o básico, que recolle o conxunto de compoñentes indespensables para que o ordenador teña unha funcionalidad mínima. E tamén o complementario que realiza funcións específicas como a impresora ou tamén escaneadora.
Pincha aquí para máis información sobre hardware.
En cambio o software é o equipamento lóxico do odenador, é decir, son os programas cos que o ordenador traballa, por exemplo: Windows XP, Linux, Mac, Windows 7…
Os compoñentes lóxicos inclúen, entre moitos outros, aplicacións informáticas, procesador de texto… O Software pódese clasificar en tres grupos:
-Software de sistema: o software de sistema procura darlle ó usuario e o programador adecuadas ferramentas e utilidades de apoyo, que permiten o mantemento do sistema global .
-Software de programación: é o conxunto de ferramentas que permiten ó programador desarrollar programas informáticos usando: editores de texto, compiladores, intérpretes…
-Software de aplicación: é o que permite ó usuario levar a cabo unha ou varias tareas específicas, en calquera campo de de actividad susceptible de ser automatizado ou asistido. Inclúe entre moitos outros: aplicacións ofimáticas, software educativo, software empresarial, base de datos…
Pincha aquí para máis información sobre software.
Se con esto non vos chegou déixovos aquí un video co que poderedes ampliar o voso coñecemento :
TAMÉN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)