Hola moi boas a todos e grazas por visitar por visitar o noso blog. Estamos de volta para falarvos das diferezas que existen entre dous sistemas operativos moi coñecidos: Windows e Linux. Aquí vamos poñer unhas poucas diferenzas e ó final desta entrada encontraredes un enlace a unha páxina qu aparecen moitas máis diferezas e moi ben explicadas, esperamos que vós guste.
A diferenza máis importante por así decilo, é que Linux é gratuíto e libre mentres que Windows funciona con licencia e non é gratuíto. Windows é máis fácil de usar e configurar, pero tamén é inestable, bloquéase frecuentemente e é máis fácil que o Linux de que colla virus. Por outro lado, Linux é máis potente, estable e seguro, pero non é tan fácil de usar e necesítanse coñecementos técnicos para realizar algunhas tareas como instalar periféricos e aplicacións software.
Windows ten mellor calidade que Linux para xogos e aplicacións multimedia. Ambos funcionan en ordenadores con procesadores Intel e AMD, aínda que Linux está mellor preparado para Intel. Linux ten múltiples distribucións, algunhas máis complicadas de manexar ca outras, as máis usadas por usuarios non expertos son: Ubuntu, Kubuntu, Suse, Fedora e algunhas máis.
Se queredes saber máis diferenzas, facede click aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario