- Topoloxía de redes: defínese como unha familia de comunicación usada polas commputadores que forman unha rede para intercambiar datos. Hai varios tipos:
- MAN: rede metropolitana, de ordenadores nunha extensión reducida coma unha cidade.
- LAN: rede de área local.
- WAN: rede de área extensa, necesita de conexsións con fibra óptica ou radio.
Imaxe sacada do Cachatronic: Redes Informáticas, elaborada polos nosos compañeiros do instituto “A Cachada”
- Protocolo TCP: é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moito menos definida ca do modelo OSI, e que se axusta mellor para o seu uso nas redes de comunicación de ordenadores actual.
- Dirección IP: é unha etiqueta numérica que identifica de maneira lóxica a interfaz dun dispositivo dentro dunha rede. Depende estreitamente do protocolo TCP/IP. Hai varios tipos de IP. Principalmente pódense clasificar en estáticas e dinámicas ou en públicas e privadas. Son privadas aquelas que non pode ser observada por ninguén agás o dono da mesma e públicas,son aquelas nas que todo o mundo pode ter acceso: lugares abertos coma bares, restaurantes, centros sociais, bibliotecas… Son estáticas se un ordenador sempre accede á rede cunha mesma dirección IP e dinámicas se é o router o que a asigna aleatoriamente cada vez que nos conectamos.
- Máscara de subrede: isto permite diferenciar os bits que identifican a rede dos que diferencian a dirección IP. Indica o número máximo de usuarios conectados a unha rede.
- Porta de enlace: é un dispositivo (normalmente un ordenador) que fai posible conectar as redes con protocolos e arquitecturas diferentes a tódolos niveis. Con isto conséguese traducir a información do protocolo usado nunha rede ao protocolo da rede de destino. A porta de enlace encárgase de garantir o acceso a unha rede exterior a tódolos ordenadores conectados con el nunha rede LAN usando para isto a tradución de direccións IP.
- Dirección MAC: é un identificador de 48 bits para identificar de forma única a tarxeta de rede dun dispositivo con conexión a internet. Pódese restrinxir ou permitir o acceso dun dispositivo a unha rede se se coñece a súa dirección MAC.
- Servizo DNS: este é o sistema xerárquico de nomes de dominio e permite asociar información variada a determinados dominios, isto é: traducir a dirección numérica dun dominio (en código binario) a palabras, todo isto co propósito de poder localizar e direccionar equipos mundialmente. Exemplo: wikipedia.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario