viernes, 11 de octubre de 2013

Virus Informáticos

Hoxe estamos aquí de volta para falarvos do mundo dos virus informáticos. Esperamos que vos sexa de gran axuda.
Vamos a empezar polo que é un virus:
Un virus informático é un programa que se copuia automaticamente e que ten por obxectivo alterar o normal funcionamento da computadora, sen o permiso do usuario. Aínda que popularmente inclúese o “malware” dentro dos virus. Os virus son programas que se replican e se executan por si mesmos.
Hai varios tipos:
  • Kluggers
  • Viddbers
  • Troianos
  • Vermes
  • Boot
  • Dialers
  • Spyware
Os máis coñecido son os troianos:
Un cabalo de troia é un programa informático considerado malicioso, xa que permite controlar unha máquina remotamente sen consentimento do usuario. Funciona cunha estrutura cliente-servidor; os troianos veñen como mínimo con dúas partes, unha a parte servidor e outra a parte cliente, tamén poden traer outros programas para configurar estes dous. A parte servidor colócase no ordenador que se quere controlar, é desde a parte cliente controlamos ao servidor.
  • Assasin
  • Back Orifice
  • Blazer
  • NetBus
  • Subseven ou Sub7
Estes troianos son tan coñecidos que ningún antivirus debería ter problemas para identificalos.
Os troianos non teñen métodos de progación propios, polo que necesitan que os propagen terceiras persoas, xa sexa por spam, redes P2P ou que veñan adxuntos con outro programa. Aínda así necesitase que o usuario execute o ficheiro para “infectarse”.
Se temos un bo antivirus actualizado debería recoñecer calquera troiano. Algúns anti-spyware poderían tamén dar con eles.
Para protexer a nosa computadora destes virus existen os antivirus:ç
Un antivirus é unha aplicación informática que ten coma obxectivo detectar e limpar programas malintencionados e virus do equipo no que estea instalado.
A actividade dun antivirus é de dous tipos:
  • Prevención: trátase de prever a instalación de virus no equipo. Ó estar conectados á rede isto faise máis importante.
  • Limpeza: cada certo período de tempo (antes definido) ou trala petición do usuario, o antivirus revisa o sistema en busca de programas malintencionados, coa intención de illalos e eliminalos.
Existen dous tipos de software antivirus:
  • Antivirus residentes: os máis comúns e complexos. Vixían o sistema constantemente, na busca de intrusións.
  • Antivirus baixo demanda: só analizarán o sistema (ou partes de este), trala petición do usuario de facelo.
Neste mundo dos virus tamén existen os torna lumes:
Un torna lumes (firewall) é unha parte dun sistema ou unha rede que está diseñada para bloquera o acceso non autorizado, permitindo ó mesmo tempo comunicacións autorizadas.
Trátase dun dispositivo ou conxunto de dispositivos configuradospara permitir, limitar, cifrar ou descifrar, o tráfico entre os diferentes ámbitos sobre a base dun conxunto de normas e outros criterios.
Moitos de vós seguro que vos faredes esta pregunta: ¿ Por que e onde aparecen os virus informáticos ? Pois aquí vai a resposta.
A maioria dos creadores de virus o ven como un hobby, pero tamén o usan como método de propaganda ou difusión de as súas queixas ou ideas radicais.
En outras ocasións é o orgullo ou a competitividade entre os programadores de virus que os leva a desarrollar virus cada vez máis destructivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario