Hai moitos programas de edición de debuxo e imaxe pero os máis coñecidos e os máis usados son:
Os de debuxo son aqules que che deixan crear un debuxo e editalo, en cambio os de imaxe son aqueles que che deixan solamente editar unha foto ou imaxe.
Dentro dos de debuxo e imaxe podemos encontrar programas que sexan de escritorio (para usar estes programas é necesario instalalos na computadora) ou tamén poden ser online (utilízanse por Internet).
Programas :
-Corel Draw: É unha aplicación informática de manexo vectorial, que é a principal aplicación da suit de programas CorelDRAW Grafhics Suite ofrecida pola corporación Corel e que está diseñada para suplir múltiples necesidades, como o debuxo, a maquetación de páxinas para impresión e a publicación web, todas incluidas nun mesmo programa.
-Inkcsape: É un editor de gráficos en formatos vectoriais SVG , gratuito, libre e multiplataforma.
-Qcad: É unha aplicación para debuxo asistido por ordennador en 2D. Con QCAD pódese crear debuxos técinicos como planos de edificios, interiores, pezas mecánicas ou esquemas.
-Sketch-Up:É un programa de diseño gráfico e modelado en 3D basada en caras.
-Draw: É un editor de gráficos vectoriais.
-Photoshop:É unha aplicación de informática en forma de taller de pin tura e fotografía que traballa sobre un lenzo.
-Gimp: É un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa bits.
-Picasa: É un organizador e visor de imaxes, e unha ferramenta para editar fotografías dixitais.
-Photoescape:É un programa de edición de fotos que é fácil e divertido de usar que che permite correxir e mellorar as fotos.
-Pixlomatic:É unha aplicación que che permite editara túa foto de moitas maneiras diferentes.
-Instragram:É unha aplicación gratuíta para compartir fotos coas que os usuarios poden aplicar efectos fotográficos.
-Paint.net: É unha aplicación de edición de imaxe que dispón de paneis flotantes, capas e moitos máis axustes de imaxe.
-PixLR: é un editor de imaxes gratuíto, que che permite editar, filtrar e axustar as túas imaxes.
-Pic Monkey: É un editor de imaxes online, co que podes editar as túas fotos ó teu propio gusto, sen ningunha limitación.
Hai varios tipos de imaxe:
Imaxes de mapa de bits: Son imaxes pixeladas, é dicir que están formadas por un conxunto de puntos (píxeles) contidos nunha tabla. Cada un destos puntos ten un valor ou máis que describe a súa cor.
Imaxes vectoriais: As imaxes vectoriais son representacións de entidades xeométricas tales como círculos, rectángulos ou segmentos. Están representadas por formulas matemáticas. O procesador “traducirá” estas formas en información que a tarxeta gráfica poida interpretar.
Dentro dos tipos de extensión dunha imaxe podemos encontrar:
GIF: (Graphics Interchange Format) é un formato gráfico de mapa de bits para imaxes de ata 256 cores. Deseñado especificamente para comprimir imaxes e gráficos creados por ordenador.
JPEG: (Joint Photographic Experts Group) é un método de compresión e un formato de arquivo de imaxes de 24 bits ou de escala de grises: é un método con perdas, o que quere dicir que cada vez que se comprime unha imaxe perde algo de detalle e calidade.
PNG: (Portable Network Graphics) é un formato gráfico baseado nun algoritmo de compresión sen perda para bitmaps non suxeito a patentes. Este formato foi desenvolvido en boa parte para liquidar as deficiencias do formato GIF e permite almacenar imaxes cunha maior profundidade de cor e outros importantes datos.
PDF: (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe Systems para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila, etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice.
PCX: (de PiCture eXchange) é un formato de imaxe dixital que usa a forma simple da codificación run-length (un tipo de compresión sen pérdidas).
TIFF ou TIF: (Tagged Image File Format) é un formato gráfico que xera arquivos grandes pero cunha boa calidade de imaxe e converteuse no formato padrón dos arquivos gráficos (32 bit) con elevada definición de cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario