A lei Lasalle é a evolución ou actualización da antiga lei Sinde. Esta lei endurece os contidos introducidos xa anteriormente pola lei Sinde.
Esta lei Lasalle coñécese con este nome porque fai referencia ao Secretario do Estado de Cultura,Jose María Lasalle.
A continuación veredes que é a lei Lasalle e que diferenzas hai con regulacións anteriores.
Con esta nova lei, calquera web de enlaces que pode causar algún tipo de problema de dereitos de autor pode ser retirada. Sin embargo, hai excepcións de buscadores como Google.
Outro aspecto desta lei, é que pode facer que os controladores de telecomunicacións poidan axilizar o bloqueo de páxinas piratas.
Tamén, grazas a esta lei pódense facer copias legais de datos aos que puideches accecder a eles de forma legal. A lei di claramente que se pode acceder de forma legal a calquera plataforma que teña un soporte que adquiriu de forma previa en propiedade.
Esta lei como xa dixemos anteriormente, é un endurecemento dos plantexamentos da lei Sinde, sen adoptar en ningún caso a LPI á nova realidade dixital na que vivimos.
Pola nosa parte pensamos que a lei Lasalle polo de agora está moi ben para protexer aos usuarios de piratas internautas e os dereitos de autor.
Esperamos que todo esto vos servira para darvos unha idea desta lei Lasalle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario