Hola, moi boas, hoxe vámosvos expoñer as partes do disco duro, o seu funcionamento, as partes máis importantes da CPU e como funciona .
Disco duro
É un dipositivo de almacenamento de datos que usa un sistema de grabación magnética para almacenar datos dixitais .
As características que hai que ter en conta no disco duro son:
- Tempo medio de aceso : Tempo medio que tarda a agulla en situarse na pista e no sector deseado.
- Tempo de lectura/escritura : É o tempo medio que tarda o disco en ler ou escribir nova información: depende da cantidade de información, o tamaño do bloque , o número de cabezales , o tempo por volta e a cantidad de sectores por pista.
- Latencia media: Tempo medio que tarda a agulla en situarse no sector deseado. É a metade do tempo emploeado nunha rotación completa do disco.
- Velocidade de rotación : Revolucións por minutos do plato. A maior velocidade do plato menor latencia media.
- Tasa de transferencia : velocidade a que pode transmitir a información á computadora unha vez a agulla está situada na pista e sector correctos
Normalmente un disco duro ten estas partes:
- Platos : onde se graban os datos.
- Cabezal de lectura / escritura
- Motor : que fai xirar os platos.
- Electroimán : que move o cabezal.
- Circuíto electrónico de control : que inclúeo interfaz coa computadorta e a memoria caché.
- Caixa : que protexe da suciedade, motivo polo cal soe traer algún filtro de aire.
Aquí vos deixamos unha imaxe editada por nós das partes dun disco duro.
Tamén tendes aquí un vídeo que se tendes algunha dúbida vos podería solucionar.
CPU
É o compoñente principal da computadora e outros dispositivos programables, que interpreta as instruccións contidas nos programas e procesa os datos. As CPU proporcionan a característica fundamental da computadora dixital e son un dos compoñentes necesarios encontrados nas computadoras de calquera tempo, xunto coa memoria principal e os dispositivos de entrada / salida.
-Partes:
- Disco duro : é un dispositivo de almacenamento no volátil, que conserva a información aínda ca pérdida de enerxía.
- Placa base :
é unha tarxeta de circuíto imnpreso usada nunha compudora persoal. - Floppy : é un disquete ou disco flexible, é un medio ou soporte de almacenamento de datos formado por unha pexa circular de material magnético, fina e flexible, encerrada nunha cuberta de plástico cadrada e rectangular.
- Fonte de alimentación : é un circuíto que converte a tensión alterna da rede industrial nuha tensión practicamente continua.
- Disipador de calor : son compoñentes metálicos que utilizan as CPU para evitar que algúns elementos electrónicos como os transistores bipolares, diodos, SCR… se quenten e se dañen.
- Memoria RAM : é onde a computadora garda os datos que está utilizando no momento presente.
- Ranura PCI : estándar local que permite unha comunicación máis rápida entre a CPU dunha computadora e os compoñentes periféricos, así acelerando tempo da operación.
- Microprocesador : é o cerebro do ordenador. É un chip, un tipo de compoñente electrónico en cuxo interior existen miles de elementos chamados transistoresç, cuxa combinación permite realizar o traballo que teña encomendado o chip.
- Lector de discos : a lectora de CD, tamén chamada reproductore de CD, é o dispositivo óptico capaz de reproducir os CD de audio e vídeo.
Espero que vos gustara e vos fora de moita axuda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario