miércoles, 30 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
Práctica 13: Picasa 3
Esta ves tróuxenvos unha foto retocada con picasa. Nestas fotos podedes observar algunhas das ferramentas que podes atopar en picasa para editar as túas fotos. Nas fotos que tendes a continuación, utilicei varias ferramentas:
-Recortar
-Enderezar
-Ojos rojos
-Contraste automático
-Color automático
-Retocar
-Luz de lleno
-Recortar
-Enderezar
-Ojos rojos
-Contraste automático
-Color automático
-Retocar
-Luz de lleno
lunes, 28 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
Como insertar música en unha entrada de blogger
O 1º que hai que face é ir a soundcloud e rexistrarse se n on estás rexistrado. O seguinte paso é elexir a canción que desexamos e clicar nela. Logo dámoslle onde pon share e copiamos o código widget. Por último tes pegar ese código no apartado html da túa entrada. Espero que vós axudara.
jueves, 17 de octubre de 2013
miércoles, 16 de octubre de 2013
viernes, 11 de octubre de 2013
Diferencias entre Windows e Linux
Hola moi boas a todos e grazas por visitar por visitar o noso blog. Estamos de volta para falarvos das diferezas que existen entre dous sistemas operativos moi coñecidos: Windows e Linux. Aquí vamos poñer unhas poucas diferenzas e ó final desta entrada encontraredes un enlace a unha páxina qu aparecen moitas máis diferezas e moi ben explicadas, esperamos que vós guste.
A diferenza máis importante por así decilo, é que Linux é gratuíto e libre mentres que Windows funciona con licencia e non é gratuíto. Windows é máis fácil de usar e configurar, pero tamén é inestable, bloquéase frecuentemente e é máis fácil que o Linux de que colla virus. Por outro lado, Linux é máis potente, estable e seguro, pero non é tan fácil de usar e necesítanse coñecementos técnicos para realizar algunhas tareas como instalar periféricos e aplicacións software.
Windows ten mellor calidade que Linux para xogos e aplicacións multimedia. Ambos funcionan en ordenadores con procesadores Intel e AMD, aínda que Linux está mellor preparado para Intel. Linux ten múltiples distribucións, algunhas máis complicadas de manexar ca outras, as máis usadas por usuarios non expertos son: Ubuntu, Kubuntu, Suse, Fedora e algunhas máis.
Se queredes saber máis diferenzas, facede click aquí.
Hardware e Software (sistemas operativos)
Esta vez estamos de volta para falarvos do hardware e do software, traballo que nos propuxo a nosa querida profesora Ana.
O Hardware é o conxunto de todas as partes físicas (materiais) do ordenador: disco duro, placa base, micropocesador, cables, circuítos, escáners, impresoras…Pódese clasificar en dous grupos, o básico, que recolle o conxunto de compoñentes indespensables para que o ordenador teña unha funcionalidad mínima. E tamén o complementario que realiza funcións específicas como a impresora ou tamén escaneadora.
Pincha aquí para máis información sobre hardware.
En cambio o software é o equipamento lóxico do odenador, é decir, son os programas cos que o ordenador traballa, por exemplo: Windows XP, Linux, Mac, Windows 7…
Os compoñentes lóxicos inclúen, entre moitos outros, aplicacións informáticas, procesador de texto… O Software pódese clasificar en tres grupos:
-Software de sistema: o software de sistema procura darlle ó usuario e o programador adecuadas ferramentas e utilidades de apoyo, que permiten o mantemento do sistema global .
-Software de programación: é o conxunto de ferramentas que permiten ó programador desarrollar programas informáticos usando: editores de texto, compiladores, intérpretes…
-Software de aplicación: é o que permite ó usuario levar a cabo unha ou varias tareas específicas, en calquera campo de de actividad susceptible de ser automatizado ou asistido. Inclúe entre moitos outros: aplicacións ofimáticas, software educativo, software empresarial, base de datos…
Pincha aquí para máis información sobre software.
Se con esto non vos chegou déixovos aquí un video co que poderedes ampliar o voso coñecemento :
TAMÉN
Editor de video BB FlashBack
Aquí vos deixo unha entrada cun dos editores de video que máis me gusta.
BB FlashBack grava videos da actividade da pantalla en distintos formatos. Faino con distintas resolucións, calidades de video, fontes de audioe o mellor de todo, elexindo que parte da pantalla queremos capturar. BB FlashBack da a posibilidade de desplegar un marco dentro do cal todo quedará gravado. Desta maneira reduciremos ó necesario o que se ten que ver ademais do tamaño do arquivo de video.
Outra ventaxa deste programa con respecto a outros parecidos é a posibilidade de configurara combinacións de teclas que se
correspondan coa orde de gravar, parar… Grazas a esto non teremos que editar o video posteriormente para borrar as partes nos que se ve como se pon en marcha a gravación.
BB FlashBack grava videos da actividade da pantalla en distintos formatos. Faino con distintas resolucións, calidades de video, fontes de audioe o mellor de todo, elexindo que parte da pantalla queremos capturar. BB FlashBack da a posibilidade de desplegar un marco dentro do cal todo quedará gravado. Desta maneira reduciremos ó necesario o que se ten que ver ademais do tamaño do arquivo de video.
Outra ventaxa deste programa con respecto a outros parecidos é a posibilidade de configurara combinacións de teclas que se
correspondan coa orde de gravar, parar… Grazas a esto non teremos que editar o video posteriormente para borrar as partes nos que se ve como se pon en marcha a gravación.
Este é un editor de video básico, tamén hai editores profesionales como o Pinnacle Studio 12, este editor xa é avanzado, para facer películas de cine.
Chrome OS
Vou falar dun sistema opertativo online, que está causando moi boa impresión por todo Google.
Este sistema operativo é un proxecto de Chromium.
Chromium pretende potenciar dous aspectos fundamentais: a simplicidade do uso mediante un entorno de usuario amigable, e a integración con plataformas e servicios online. É un sistema operativo pensado para dispositivos que están de forma permanente conectados a Internet e que utilizan recursos locais do ordenador, xunto con aplicacións e servizos “na nube”. Seguramente pronto convertirase no estándar dos sistemas operativos online.
Se con esto non vos chegou, aquí vos deixo o link da páxina oficial de Chromium.
Hardware: Disco duro e CPU ( partes e funcionamento )
Hola, moi boas, hoxe vámosvos expoñer as partes do disco duro, o seu funcionamento, as partes máis importantes da CPU e como funciona .
Disco duro
É un dipositivo de almacenamento de datos que usa un sistema de grabación magnética para almacenar datos dixitais .
As características que hai que ter en conta no disco duro son:
- Tempo medio de aceso : Tempo medio que tarda a agulla en situarse na pista e no sector deseado.
- Tempo de lectura/escritura : É o tempo medio que tarda o disco en ler ou escribir nova información: depende da cantidade de información, o tamaño do bloque , o número de cabezales , o tempo por volta e a cantidad de sectores por pista.
- Latencia media: Tempo medio que tarda a agulla en situarse no sector deseado. É a metade do tempo emploeado nunha rotación completa do disco.
- Velocidade de rotación : Revolucións por minutos do plato. A maior velocidade do plato menor latencia media.
- Tasa de transferencia : velocidade a que pode transmitir a información á computadora unha vez a agulla está situada na pista e sector correctos
Normalmente un disco duro ten estas partes:
- Platos : onde se graban os datos.
- Cabezal de lectura / escritura
- Motor : que fai xirar os platos.
- Electroimán : que move o cabezal.
- Circuíto electrónico de control : que inclúeo interfaz coa computadorta e a memoria caché.
- Caixa : que protexe da suciedade, motivo polo cal soe traer algún filtro de aire.
Aquí vos deixamos unha imaxe editada por nós das partes dun disco duro.
Tamén tendes aquí un vídeo que se tendes algunha dúbida vos podería solucionar.
CPU
É o compoñente principal da computadora e outros dispositivos programables, que interpreta as instruccións contidas nos programas e procesa os datos. As CPU proporcionan a característica fundamental da computadora dixital e son un dos compoñentes necesarios encontrados nas computadoras de calquera tempo, xunto coa memoria principal e os dispositivos de entrada / salida.
-Partes:
- Disco duro : é un dispositivo de almacenamento no volátil, que conserva a información aínda ca pérdida de enerxía.
- Placa base :
é unha tarxeta de circuíto imnpreso usada nunha compudora persoal. - Floppy : é un disquete ou disco flexible, é un medio ou soporte de almacenamento de datos formado por unha pexa circular de material magnético, fina e flexible, encerrada nunha cuberta de plástico cadrada e rectangular.
- Fonte de alimentación : é un circuíto que converte a tensión alterna da rede industrial nuha tensión practicamente continua.
- Disipador de calor : son compoñentes metálicos que utilizan as CPU para evitar que algúns elementos electrónicos como os transistores bipolares, diodos, SCR… se quenten e se dañen.
- Memoria RAM : é onde a computadora garda os datos que está utilizando no momento presente.
- Ranura PCI : estándar local que permite unha comunicación máis rápida entre a CPU dunha computadora e os compoñentes periféricos, así acelerando tempo da operación.
- Microprocesador : é o cerebro do ordenador. É un chip, un tipo de compoñente electrónico en cuxo interior existen miles de elementos chamados transistoresç, cuxa combinación permite realizar o traballo que teña encomendado o chip.
- Lector de discos : a lectora de CD, tamén chamada reproductore de CD, é o dispositivo óptico capaz de reproducir os CD de audio e vídeo.
Espero que vos gustara e vos fora de moita axuda.
Redes e Protocolo TCP/IP
- Topoloxía de redes: defínese como unha familia de comunicación usada polas commputadores que forman unha rede para intercambiar datos. Hai varios tipos:
- MAN: rede metropolitana, de ordenadores nunha extensión reducida coma unha cidade.
- LAN: rede de área local.
- WAN: rede de área extensa, necesita de conexsións con fibra óptica ou radio.
Imaxe sacada do Cachatronic: Redes Informáticas, elaborada polos nosos compañeiros do instituto “A Cachada”
- Protocolo TCP: é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moito menos definida ca do modelo OSI, e que se axusta mellor para o seu uso nas redes de comunicación de ordenadores actual.
- Dirección IP: é unha etiqueta numérica que identifica de maneira lóxica a interfaz dun dispositivo dentro dunha rede. Depende estreitamente do protocolo TCP/IP. Hai varios tipos de IP. Principalmente pódense clasificar en estáticas e dinámicas ou en públicas e privadas. Son privadas aquelas que non pode ser observada por ninguén agás o dono da mesma e públicas,son aquelas nas que todo o mundo pode ter acceso: lugares abertos coma bares, restaurantes, centros sociais, bibliotecas… Son estáticas se un ordenador sempre accede á rede cunha mesma dirección IP e dinámicas se é o router o que a asigna aleatoriamente cada vez que nos conectamos.
- Máscara de subrede: isto permite diferenciar os bits que identifican a rede dos que diferencian a dirección IP. Indica o número máximo de usuarios conectados a unha rede.
- Porta de enlace: é un dispositivo (normalmente un ordenador) que fai posible conectar as redes con protocolos e arquitecturas diferentes a tódolos niveis. Con isto conséguese traducir a información do protocolo usado nunha rede ao protocolo da rede de destino. A porta de enlace encárgase de garantir o acceso a unha rede exterior a tódolos ordenadores conectados con el nunha rede LAN usando para isto a tradución de direccións IP.
- Dirección MAC: é un identificador de 48 bits para identificar de forma única a tarxeta de rede dun dispositivo con conexión a internet. Pódese restrinxir ou permitir o acceso dun dispositivo a unha rede se se coñece a súa dirección MAC.
- Servizo DNS: este é o sistema xerárquico de nomes de dominio e permite asociar información variada a determinados dominios, isto é: traducir a dirección numérica dun dominio (en código binario) a palabras, todo isto co propósito de poder localizar e direccionar equipos mundialmente. Exemplo: wikipedia.org
Programas de edición de debuxo e de imaxe
Hai moitos programas de edición de debuxo e imaxe pero os máis coñecidos e os máis usados son:
Os de debuxo son aqules que che deixan crear un debuxo e editalo, en cambio os de imaxe son aqueles que che deixan solamente editar unha foto ou imaxe.
Dentro dos de debuxo e imaxe podemos encontrar programas que sexan de escritorio (para usar estes programas é necesario instalalos na computadora) ou tamén poden ser online (utilízanse por Internet).
Programas :
-Corel Draw: É unha aplicación informática de manexo vectorial, que é a principal aplicación da suit de programas CorelDRAW Grafhics Suite ofrecida pola corporación Corel e que está diseñada para suplir múltiples necesidades, como o debuxo, a maquetación de páxinas para impresión e a publicación web, todas incluidas nun mesmo programa.
-Inkcsape: É un editor de gráficos en formatos vectoriais SVG , gratuito, libre e multiplataforma.
-Qcad: É unha aplicación para debuxo asistido por ordennador en 2D. Con QCAD pódese crear debuxos técinicos como planos de edificios, interiores, pezas mecánicas ou esquemas.
-Sketch-Up:É un programa de diseño gráfico e modelado en 3D basada en caras.
-Draw: É un editor de gráficos vectoriais.
-Photoshop:É unha aplicación de informática en forma de taller de pin tura e fotografía que traballa sobre un lenzo.
-Gimp: É un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa bits.
-Picasa: É un organizador e visor de imaxes, e unha ferramenta para editar fotografías dixitais.
-Photoescape:É un programa de edición de fotos que é fácil e divertido de usar que che permite correxir e mellorar as fotos.
-Pixlomatic:É unha aplicación que che permite editara túa foto de moitas maneiras diferentes.
-Instragram:É unha aplicación gratuíta para compartir fotos coas que os usuarios poden aplicar efectos fotográficos.
-Paint.net: É unha aplicación de edición de imaxe que dispón de paneis flotantes, capas e moitos máis axustes de imaxe.
-PixLR: é un editor de imaxes gratuíto, que che permite editar, filtrar e axustar as túas imaxes.
-Pic Monkey: É un editor de imaxes online, co que podes editar as túas fotos ó teu propio gusto, sen ningunha limitación.
Hai varios tipos de imaxe:
Imaxes de mapa de bits: Son imaxes pixeladas, é dicir que están formadas por un conxunto de puntos (píxeles) contidos nunha tabla. Cada un destos puntos ten un valor ou máis que describe a súa cor.
Imaxes vectoriais: As imaxes vectoriais son representacións de entidades xeométricas tales como círculos, rectángulos ou segmentos. Están representadas por formulas matemáticas. O procesador “traducirá” estas formas en información que a tarxeta gráfica poida interpretar.
Dentro dos tipos de extensión dunha imaxe podemos encontrar:
GIF: (Graphics Interchange Format) é un formato gráfico de mapa de bits para imaxes de ata 256 cores. Deseñado especificamente para comprimir imaxes e gráficos creados por ordenador.
JPEG: (Joint Photographic Experts Group) é un método de compresión e un formato de arquivo de imaxes de 24 bits ou de escala de grises: é un método con perdas, o que quere dicir que cada vez que se comprime unha imaxe perde algo de detalle e calidade.
PNG: (Portable Network Graphics) é un formato gráfico baseado nun algoritmo de compresión sen perda para bitmaps non suxeito a patentes. Este formato foi desenvolvido en boa parte para liquidar as deficiencias do formato GIF e permite almacenar imaxes cunha maior profundidade de cor e outros importantes datos.
PDF: (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe Systems para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila, etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice.
PCX: (de PiCture eXchange) é un formato de imaxe dixital que usa a forma simple da codificación run-length (un tipo de compresión sen pérdidas).
TIFF ou TIF: (Tagged Image File Format) é un formato gráfico que xera arquivos grandes pero cunha boa calidade de imaxe e converteuse no formato padrón dos arquivos gráficos (32 bit) con elevada definición de cores.
Virus Informáticos
Hoxe estamos aquí de volta para falarvos do mundo dos virus informáticos. Esperamos que vos sexa de gran axuda.
Vamos a empezar polo que é un virus:
Un virus informático é un programa que se copuia automaticamente e que ten por obxectivo alterar o normal funcionamento da computadora, sen o permiso do usuario. Aínda que popularmente inclúese o “malware” dentro dos virus. Os virus son programas que se replican e se executan por si mesmos.
Hai varios tipos:
- Kluggers
- Viddbers
- Troianos
- Vermes
- Boot
- Dialers
- Spyware
Os máis coñecido son os troianos:
Un cabalo de troia é un programa informático considerado malicioso, xa que permite controlar unha máquina remotamente sen consentimento do usuario. Funciona cunha estrutura cliente-servidor; os troianos veñen como mínimo con dúas partes, unha a parte servidor e outra a parte cliente, tamén poden traer outros programas para configurar estes dous. A parte servidor colócase no ordenador que se quere controlar, é desde a parte cliente controlamos ao servidor.
- Assasin
- Back Orifice
- Blazer
- NetBus
- Subseven ou Sub7
Estes troianos son tan coñecidos que ningún antivirus debería ter problemas para identificalos.
Os troianos non teñen métodos de progación propios, polo que necesitan que os propagen terceiras persoas, xa sexa por spam, redes P2P ou que veñan adxuntos con outro programa. Aínda así necesitase que o usuario execute o ficheiro para “infectarse”.
Se temos un bo antivirus actualizado debería recoñecer calquera troiano. Algúns anti-spyware poderían tamén dar con eles.
Para protexer a nosa computadora destes virus existen os antivirus:ç
Un antivirus é unha aplicación informática que ten coma obxectivo detectar e limpar programas malintencionados e virus do equipo no que estea instalado.
A actividade dun antivirus é de dous tipos:
- Prevención: trátase de prever a instalación de virus no equipo. Ó estar conectados á rede isto faise máis importante.
- Limpeza: cada certo período de tempo (antes definido) ou trala petición do usuario, o antivirus revisa o sistema en busca de programas malintencionados, coa intención de illalos e eliminalos.
Existen dous tipos de software antivirus:
- Antivirus residentes: os máis comúns e complexos. Vixían o sistema constantemente, na busca de intrusións.
- Antivirus baixo demanda: só analizarán o sistema (ou partes de este), trala petición do usuario de facelo.
Neste mundo dos virus tamén existen os torna lumes:
Un torna lumes (firewall) é unha parte dun sistema ou unha rede que está diseñada para bloquera o acceso non autorizado, permitindo ó mesmo tempo comunicacións autorizadas.
Trátase dun dispositivo ou conxunto de dispositivos configuradospara permitir, limitar, cifrar ou descifrar, o tráfico entre os diferentes ámbitos sobre a base dun conxunto de normas e outros criterios.
Moitos de vós seguro que vos faredes esta pregunta: ¿ Por que e onde aparecen os virus informáticos ? Pois aquí vai a resposta.
A maioria dos creadores de virus o ven como un hobby, pero tamén o usan como método de propaganda ou difusión de as súas queixas ou ideas radicais.
En outras ocasións é o orgullo ou a competitividade entre os programadores de virus que os leva a desarrollar virus cada vez máis destructivos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)